Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio.
O lume, procedente de León, iniciouse ás 07:55 horas do día 31 e quedou extinguido ás 19:15 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada foi de 37 hectáreas, todas elas en raso, en zona de Rede Natura. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 2 técnicos, 4 axentes forestais, 6 brigadas, 1 motobomba, 1 pa e 2 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.