‘Express-Arte. 15 Visións’ en Sober
- Inaugurada en Sober a mostra fotográfica ‘Express-Arte. 15 Visións’
Onte foi inaugurada en Sober a mostra fotográfica ‘Express-Arte. 15 Visións‘.
As quince fotografías que se mostran foron realizadas dende un programa de inserción laboral para mulleres vítimas de violencia de xénero e impulsadas pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL). Dito programa buscou fomentar o empoderamento das mulleres, facilitar o seu coñecemento sobre o mundo empresarial, mostrarlles as posibilidades do autoemprego, e desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes.
A mostra foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia dentro do programa de actividades que ofertan ás entidades locais en colaboración coa FEGAMP.
Poderá visitarse na Casa da Cultura de Sober ata o día 6 de febreiro en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas de lunes a venres.