Exposición sobre o Camiño de Santiago no marco do XVIII Foro España- Xapón

  • A directora de Turismo de Galicia inaugurou a exposición sobre o Camiño de Santiago no marco do XVIII Foro España- Xapón
  • O acto de inauguración celebrado na cidade de Shizokua contou tamén coa participación da directora xeral de Turespaña, Marta Blanco, e o embaixador de España en Xapón, Gonzalo de Benito
  • A exposición sobre o Camiño de Santiago promovida por Turismo de Galicia pretende promover e difundir a ruta xacobea entre o mercado xaponés, unha das principais nacionalidades das que proceden cada ano máis peregrinos a Santiago
  • Con máis de 16.000 viaxeiros aloxados e preto de 22.000 pernoitas hoteleiras o mercado xaponés consolidouse en 2015 como o primeiro asiático dentro de Galicia

 

2016_03_08_FOROA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou onte a exposición sobre o Camiño de Santiago celebrada con motivo do XVIII Foro España-Japón que ten lugar nestes días na cidade xaponesa de Shizokua.

O acto de inauguración contou tamén coa participación da directora xeral de Turespaña, Marta Blanco, e o embaixador de España en Xapón, Gonzalo de Benito.

O Foro España-Japón ten como obxectivo fomentar a creación de redes de contactos entre profesionais, empresas ou institucións xaponesas e españolas con intereses complementarios, que pueda dar lugar a un maior nivel de intercambio entre estas sociedades.

Neste marco, a exposición sobre o Camiño de Santiago promovida por Turismo de Galicia pretende promocionar e difundir a Ruta Xacobea entre o mercado xaponés, un mercado qu situase xa entre as vinte primeiras nacionalidades das que proceden cada ano máis peregrinos a Santiago.

Concretamente, segundo os datos da Oficina do Peregrino, o pasado ano 2015 recibiron a compostela un total de 1.197 peregrinos xaponeses. Esta cifra supón que o mercado xaponés abarcou o pasado ano o 0,46% do total dos peregrinos que chegaron a Santigo.

O mercado xaponés situouse así no vixésimo primeiro lugar no ranking das principais nacionalidades de procedencia dos peregrinos.

No que se refire a este ano 2016, xa realizaron algunha das rutas xacobeas un total de 124 peregrinos xaponeses, o que supón o 0,63% do total.

Así mesmo, no marco do XVIII Foro España-Japón, Turismo de Galicia celebrará dúas presentacións dirixidas a turoperadores turísticos e medios de comunicación nas cidades de Osaka e Toquio.

Mercado xaponés
Canto á demanda turística xaponesa, no pasado ano 2015 o mercado xaponés rexistrou un forte incremento superando nun 19,6% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 3,5% o volume de pernoitas do anterior ano 2014.

Deste xeito, con máis de 16.000 viaxeiros aloxados e preto de 22.000 pernoitas hoteleiras o mercado xaponés consolidouse en 2015 como o primeiro asiático dentro de Galicia.

También te podría gustar...