Exposición «Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira de ensoños»

  • Actividade de Valdeorras Infinda na Coruña
Organizada por Valdeorras Infinda e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, do 26 de setembro -luns- ao 8 de octubro -sábado-, poderemos ver no espazo da entrada do Fórum Metropolitano da Coruña a exposición «Florencio Delgado Gurriarán: Bebedeira de ensoños«. Subvencionada polo Concello do Barco de Valdeorras e comisariada por Ricardo Gurriarán Rodríguez, a exposición data de 1999 con plena e actual vixencia no seu contido. Consta de vinte e seis paneis sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, a quen este 2022 se lle están dedicando as Letras Galegas. Imaxes e textos conforman un amplo e completo percorrido pola aportación do autor valdeorrés á vida cultural, social e política galegas.
 
O acto de inauguración da exposición será o martes 27 de setembro, ás 19:30h., no espazo de entrada do Fórum. Contaremos coa presenza de Ricardo Gurriarán Rodríguez, comisario da mesma.
 
 

También te podría gustar...