Éxito das Xornadas Técnicas sobre o sector da Lousa na CEO

  • A «Minorización dos índices de po de sílice no sector da lousa» foi un dos temas tratados nesta actividade
  • O xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González e o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García estiveron presentes
Xornadas Técnicas sobre o sector da lousa na CEO

Xornadas Técnicas sobre o sector da lousa na CEO

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, inaugurou esta mañá na Confederación Empresarial de Ourense dúas xornadas técnicas de importancia para o sector da lousa, xunto co vicepresidente da CEO, Jose Manuel Díaz Barreiros, o director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo; o xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González; e o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García.

Rosendo Fernández destacou que un dos temas máis importantes destas xornadas é «a minorización dos índices de po de sílice no sector pois os traballadores son persoas estratéxicas do campo da lousa e o futuro pasa sen silicose» e engadiu, «buscamos a eficiencia, a excelencia, a calidade e a competitividade deste sector estratéxico para Ourense pero tamén para Galicia».

Estas xornadas técnicas comezaron cunha ponencia sobre a «Minorización dos índices de po de sílice no sector da lousa» na que se diron a coñecer as distintas solucións técnicas implantadas para diminuír a exposición dos traballadores ao po de sílice e identificaranse criterios para controlar os niveis de sílice nas naves produtoras de lousa. A outra ponencia correu a cargo do experto Fernando López González-Mesones que presentou unha nova publicación elaborada polo Clúster titulado «Vantaxes das cubertas inclinadas e das fachadas ventiladas construídas con lousas superpostas».

Pola súa banda, Jose Manuel Díaz fixo especial fincapé na importancia que ten o sector da lousa na economía provincial e a súa vez en Galicia pois «no que se refire ao PIB provincial supón o 10% da economía da nosa provincia» e engadiu que é «un sector que nos últimos anos foi de menos a máis no ano 2014 exportou 470.000 toneladas cun valor económico de 252 millóns de euros e ata agosto de 2015 exportou 317.000 toneladas que supón en datos económicos 170 millóns de euros a través dunha media de 25-30 empresas dedicadas ao sector da lousa cunha media de 25-50 traballadores».

También te podría gustar...