Eva Amaral, de «falconeira» a pregoeira

  • Será a pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi
  • A cantante e compositora pronunciará o pregón o vindeiro 11 de agosto ás 12:00 horas na Praza do Concello

 

O Concello de Sober desvela que Eva Amaral, a cantante, compositora e música española, integrante do grupo de rock ‘Amaral’ será a pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 11 e 12 de agosto.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece que a música e compositora, vinculada familiarmente coa Ribeira Sacra desde hai anos decidira aceptar o convite para ler o pregón, que pronunciará o vindeiro 11 de agosto ás 12:00 do mediodía na Praza do Concello.

 

‘Halconera’

O Goberno local recorda que un dos seus últimos vídeoclips, ‘Halconera’ foi gravado integramente nas paisaxes do Canón do Sil alcanzando un gran éxito a través de Youtube e das redes sociais. Amaral ten compartido ademais en varias ocasións imaxes na Ribeira Sacra, axudando así na súa promoción como destino turístico de natureza.

Cremos que Eva é unha persoa vinculada á Ribeira Sacra e moi coñecida e recoñecida, polo que nos seguirá axudando a que a nosa cita co mundo do viño siga facéndose máis e máis grande a pesar das circunstancia e das limitacións sanitarias ás que temos que darlle cumprimento

, resume o rexedor.

 

 

Imaxes do videoclip ‘Halconera’

 

También te podría gustar...