“Estanislao Reverter é un referente da ourensanía”, entregado á familia o título de “fillo predilecto
- Baltar: “Estanislao Reverter é un referente da ourensanía”
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu esta mañá á entrega á familia de Estanislao Reverter do título de “fillo predilecto” da cidade de Ourense a título póstumo, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense, acto no que participou a familia do homenaxeado e os membros da corporación municipal.
Manuel Baltar felicitou á familia de Estanislao Reverter por “esta homenaxe merecida”, a unha persoa que “é un referente da ourensanía, o seu carácter emprendedor, creativo e traballador reúne o mellor da nosa personalidade”, e engadiu, “o seu éxito nacional e internacional situou nun lugar de referencia a “marca Ourense”.
O goberno provincial encárgase da xestión do Museo en Santa Cruz de Arrabaldo e “apoia iniciativas súas como é o Rallye de Ourense que, no vindeiro ano, cumprirá 50 anos, tamén grazas ao empuxe e a forza dunha personalidade arrolladora e todo enerxía como Lalao Reverter”.
Posteriormente á entrega do título, celebrouse un acto aberto ao público, no que se descubriu a placa no xardín que levará o nome de Estanislao Reverter na rúa Concello.