Entroido de Ourense e «esgrafiados” da Ribeira Sacra nun Cupón

  • Deputación e ONCE alíanse para promocionar o Entroido de Ourense cun cupón que reivindica “un dos nosos sinais de identidade”
  • A organización social distribuirá 5,5 millóns de cupóns para o sorteo do 24 de febreiro cunha imaxe que simboliza a tradicional celebración ourensá e que tamén reflicte o 200 aniversario da institución provincial
  • Na presentación no Centro Cultural Marcos Valcárcel, Manuel Baltar afirmou que “grazas a este deseño ofrecemos unha imaxe de vangarda dunha festa ancestral: se hai unha provincia en España e Europa onde o Entroido sexa importante esa é Ourense, non hai ningunha outra”
  • O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, dixo sentirse honrado de “contribuír á difusión dos valores tradicionais do Entroido” e a participar no 200 aniversario da Deputación, “unha institución clave para o desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense”

 

O Entroido de Ourense será o protagonista do cupón que a ONCE ten á venda para o sorteo do día 24 de febreiro e do que vai distribuír 5,5 millóns de copias por toda España. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación deste cupón, que incorpora unha ilustración na que se reflicte de modo simbólico esta ancestral celebración, “un dos nosos maiores sinais de identidade” dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, que estivo acompañado no acto polo delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez; o director da ONCE en Ourense, Jesús Sánchez; e o autor do deseño, Carlos Quintairos.

Manuel Baltar agradeceu á organización social unha alianza que “nos permite seguir na senda de potenciar o noso. Se hai unha provincia en España e Europa onde o Entroido sexa importante esa é Ourense, non hai ningunha outra”. Ademais, engadiu, “grazas ao deseño deste cupón ofrecemos unha imaxe de vangarda que achegará a millóns de persoas en Galicia e España un conxunto de celebracións, a maioría declaradas como festas de interese turístico”. 

O presidente provincial, que tamén referiu o labor social que realiza a ONCE, destacou ademais a incorporación ao deseño do logotipo do 200 aniversario da Deputación de Ourense. Todo isto, dixo, “é outra postal máis dese Ourense que neste ano vai ter moito que dicir”, animando á veciñanza “a participar nun sorteo que seguro traducirase en premios”.

O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, afirmou sentir “honra de contribuír á difusión do Entroido en Ourense, dando a coñecer xunto á Deputación os valores culturais tradicionais da provincia a través desta tarxeta de presentación social que é o cupón, co que grazas ao traballo de medio cento de persoas na provincia recollemos solidariedade para transformala en oportunidades de vida para aqueles que máis o necesitan”. Tamén falou o delegado territorial do 200 aniversario da Deputación, destacando que contribuían así “á efeméride dunha institución clave para o desenvolvemento social e económico da provincia”.

A arte dos “esgrafiados” da Ribeira Sacra

O deseñador e coordinador de Comunicación da Deputación, Carlos Quintairos, explicou que na imaxe do cupón, ademais das máscaras do Entroido, tamén se homenaxean os “esgrafiados” da Ribeira Sacra, una técnica mediante a que se creaban murais artísticos nas paredes das casas recreando escenas cotiás do rural.

Unha fonte de inspiración para subliñar que Ourense tamén é natureza, gastronomía e camiño

 

 

 

También te podría gustar...