‘Entrelazados’, profesionais da artesanía fórmanse en Ourense nas técnicas da cestería

  • A iniciativa da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño desenvólvese en colaboración coa Asociación de Artesáns de Ourense
  • O obxectivo da mesma é impulsar a formación e a colaboración entre os distintos ámbitos do sector artesanal galego de cara a mellorar a súa competitividade
  • Organizarase unha exposición na sede de ADAO coas pezas elaboradas polos alumnos
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, está a colaborar coa Asociación de Artesáns de Ourense organizando o proxecto formativo Entrelazados

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, está a colaborar coa Asociación de Artesáns de Ourense organizando o proxecto formativo Entrelazados

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, está a colaborar coa Asociación de Artesáns de Ourense organizando o proxecto formativo Entrelazados, que vén de rematar cun curso de iniciación á cestería e que tivo por obxectivo impulsar a formación e a colaboración entre os distintos profesionais do sector artesanal galego de cara a mellorar a súa competitividade.

Con esta iniciativa, que incluíu tamén un curso de tear circular e outro de iniciación ao fiado, a Xunta aspira a promover o talento do sector artesanal galego e consolidar a súa competitividade, no marco do Plan de Artesanía de Galicia.

A artesá María Belén Rodríguez Estévez foi a encargada de impartir o curso de Iniciación á cestería no que, empregando médula de ratán e madeira, os participantes coñeceron da man da artesá docente diversas técnicas de tecido dos materiais e as principais técnicas de remate das pezas de cestería.

Para dar visualización aos proxectos de formación realizados, organizarase a exposición Entrelazados. As pezas elaboradas polos alumnos dos tres cursos deste proxecto expoñeranse ao público que desexe achegarse ao local de ADAO, situado na rúa Colón 24 da capital ourensá.

O impulso á formación e á colaboración entre a artesanía e outras áreas de traballo forman parte da estratexia da Consellería de Economía, Emprego e Industria para promover o talento do sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo e transversal, un dos grandes retos do Plan de Artesanía de Galicia.

image_gallery3

También te podría gustar...