Entregados un camión BUL de primeira intervención e un equipo de excarceración aos bombeiros de Valdeorras
- A Xunta entregou aos bombeiros do parque de Valdeorras material para a mellora das emerxencias na comarca
- O vicepresidente, Alfonso Rueda, remarcou que esta nova entrega de material evidencia o compromiso da Xunta coas emerxencias e con todo o persoal que traballa neste importante servizo
- O obxectivo destas entregas é conseguir que na xestión das emerxencias se conte cos mellores medios e se traballe nas mellores condicións, favorecendo a súa atención en calquera parte do territorio galego ao que dan cobertura os consorcios de bombeiros
- Foron entregados un camión BUL de primeira intervención e un equipo de excarceración, cun orzamento que supera os 287.000 euros
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda entregou ao parque comarcal de Valdeorras, un camión BUL de primeira intervención e un equipo de excarceración, onde remarcou que esta nova entrega de material evidencia o compromiso da Xunta coas emerxencias e con todo o persoal que traballa neste importante servizo, ben sexa Protección Civil, Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) ou bombeiros.
O acto de entrega tivo lugar no Parque de Bombeiros de Valdeorras, en Ourense, e contou coa presenza da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor.
O obxectivo destas entregas é conseguir que as persoas que traballan na xestión das emerxencias conten cos mellores medios e traballen nas mellores condicións, favorecendo así a atención ás emerxencias en calquera parte do territorio galego ao que dan cobertura os consorcios de bombeiros. Por iso, dende o Goberno galego procurase que canto máis e mellor preparados e equipados estean os bombeiros de Valdeorras, e os seus compañeiros do resto de parques comarcais e provinciais mellor resposta poderán ofrecer ante calquera incidente, por iso a Xunta intenta que estes profesionais conten sempre cos mellores medios e traballen nas mellores condicións.
Este material, licitado e adquirido pola Xunta de Galicia cun orzamento que supera os 287.000 euros. O novo vehículo trátase dunha Bomba Urbana Lixeira que coma novidade dispón dun sistema de xeración de escuma por aire comprimido (CAFS), que nebuliza a auga mesturándoa co escumóxeno, o que supón un aforro moi importante de auga e, porén, un alto rendemento operativo e de traballo, sendo o primeiro desta tipoloxía co que conta o Consorcio de Ourense. Leva xa incorporado un equipo de comunicación móbil baseado no estándar TETRA, integrándose deste xeito directamente na rede RESGAL, de comunicacións en emerxencias e seguridade de Galicia. O equipo de excarceración suporá un reforzo importante na actuación do persoal de bombeiros en accidentes de tráfico, excarceracións, levantamento de obxectos pesados, corte de elementos e outros utilidades.