Ensino Ourense fai un comunicado recalcando que a Consellería de Educación recorta no alumnado que ten máis dificultades
Ensino Ourense fai un comunicado recalcandpodo que a Consellería de Educación recorta no alumnado que ten máis dificultades, producíndose unha reducción drástica na contratación de profesorado para o Programa PROA.
O programa de acompañamento, que anualmente se viña levando a cabo nos centros para mellorar o rendemento dos rapaces e como apoio para os que teñen maiores dificultades, se perde na maioria dos colexios onde se concedeu para o curso 2014 – 2015, xa que, a consellería apenas contratará persoal externo aos centros.
A consellería pretende que os docentes dos propios centros asuman o programa. Desta forma se
carga aínda máis de traballo a un colectivo que xa leva moitos esforzos acumulados dende que
empezou a crise, cabe destacar o incremento do seu horario laboral en 2 horas como mínimo, e unha
redución de soldo dun 25% dende que comezaron os recortes.Debido a estos recortes, moitos centros da provincia tiveron que renunciar a este programa de axuda
ao alumnado con maiores dificultades. En concreto o CPI Tomás de Lemos en Ribadavia solicitou tres
grupos de PROA (dous en primaria e un en ESO), dos que terá que renunciar a dous deles, xa que a
Consellería non lle concedeu a contratación de ningún profesor externo ao centro. Pola mesma razón,
outros centros tiñeron que renunciar totalmente ao programa, como o CEIP Ramón Otero Pedraio do
Barco de Valdeorras, que solicitaba dous grupos de PROA, para o que necesitaba un profesor
externo, que a Consellería non vai a contratar.CCOO Ensino Ourense DENUNCIA:
A redución presupuestaria por parte da Consellería na atención a diversidade, que leva a perda de
programas que viñan funcionando con grandes resultados nos últimos anos. A Consellería de
Educación demostra deste xeito o pouco interese que ten no alumnado que presenta dificultades de
aprendizaxe.
O intento de aumentar encubertamente a xornada laboral do profesorado pasando os centros a
responsabilidade de xestionar os PROA, sen dotación de persoal externo.
Que este programa significaba posibilidade de emprego para o colectivo substituto, xa que o
profesorado externo era contratado das listas de interinidades e substitucións.
O retraso destes programas de forma inxustificada, xa que o PROA debería comezar, para ser
efectivo, no mes de outubro e non no mes de febreiro cando xa levamos a metade do curso.
Que non se pode pagar o persoal que participa neste programa ata polo menos un ano despois de
prestar os servizos.CCOO Ensino Ourense SOLICITA:
Que a Consellería, asigne unha partida presupuestaria que permita que sexa viable a todos os
centros acollerse a este programa de mellora do rendemento, e que non sacrifique ao alumnado que
presenta maiores dificultades. En definitiva que se tome en serio a atención a diversidade.