ENSINO OURENSE: «Continua o ‘ERE’ no ensino público ourensán»
- Un ano mais continua o ‘ERE’ practicado os docentes do ensino público ourensán
- Ourense perde para o vindeiro curso 16-17 4 aulas de infantil, 3 de primaria e 140 prazas de FP presenciais
- O aumento do profesorado precario continua a pesar da OPE 2016
ENSINO OURENSE
DATOS DO ENSINO E INICIO DE CURSO
- PRIMARIA
Os datos de perda de unidades no período 2009-2016, deixa para o vindeiro curso 16-17 70 aulas e 124 postos de traballo menos que no curso 09-10 (10% menos de aulas e docentes). O curso 16-17 comeza con un 1% menos de aulas ( – 4 aulas de infantil e -3 aulas de primaria) e postos de traballo ( – 8 docentes de catálogo)
Estes datos, non poden achacarse o descenso do alumnado matriculado, xa que, aumentou lixeiramente neste período.
En canto o profesorado precario, dicir que a pesar da OPE 2016 se van a adxudicar o mesmo número de vacantes a profesorado interino que o curso 15-16 (o 32% das adxudicacións), o que nos da unha visión clara, de que a OPE 2016 foi insuficiente.A teor dos datos expostos as conclusións son as seguintes:
A consellería está a practicar un ataque brutal o ensino público da provincia de Ourense, dende o comezo da crise. Especialmente se está a asañar co rural, que de continuar coas políticas neoliberais do goberno galego catro anos mais, entrará nunha fase de agonía que levará o desmantelamento do ensino público no rural.
CCOO Ensino Ourense considera que os datos o longo do período 2009-2016 deixan en evidencia as intencións do goberno do PP, así como o modus operandi no peche de aulas e centros, primeiro deteriora o servizo eliminando aulas só atendendo a ratios e cando o deterioro e tal que o centro non é sostible procede o desmantelamento mediante a xustificación da non viabilidade. Dende CCOO Ensino entendemos que anterior o peche dunha aula, debe existir unha valoración que permita identificar cales son os motivos e ver cal ou cales son as mellores actuacións para poder manter o servizo.
CCOO Ensino solicita, que a modificación do catálogo anual se estableza dentro dunha negociación coas OOSS que garanta un ensino de calidade cunha adecuada distribución de aulas e RRHH atendendo a criterios pedagóxicos, socio-económicos e culturais, tendo como punto de partida o acordo de agrupamentos asinado no ano 2009.
- ESO E ENSINANZAS POSTOBRIGATORIAS
Mantense no período 2009-2016 o aumento de alumnado nas ensinanzas de FP (+130%) E EOI (+150%).
No caso das ensinanzas de FP, o problema de recursos humanos e materiais ainda e mais acuciante que en primaria, tendo en conta o crecemento das ensinanzas (3% nos dous últimos anos) e os recortes brutais que está a practicar a consellería na provincia, con 140 prazas de FP presencial menos para o curso 16-17.
Mención especial require a FP Básica, nos dous primeiros anos para esta nova ensinanza o número de alumnado xa supera o que tiña o PCPI. A partires do ano que ven coa implantación da LOMCE en todas as ensinanzas cremos que o número de alumnado nestas ensinanzas aumentará considerablemente tendo en conta que a ESO elimina a atención a diversidade e que 3º ESO vai ser un muro infranqueable para todos aqueles alumnos que precisen de apoio educativo para superar a ESO (apoio que xá non existe). En definitiva, a LOMCE convirte a FP Básica nunha medida de atención a diversidade.
En canto o profesorado, a perda estimada dende o 2009 (só existen datos reais ate o 2013) e do 10-11%, tendo en conta a última OPE 2016.
A pesar da OPE 2016, o profesorado precario en secundaria e postobrigatorias aumenta nun 5% do total de adxudicacións respecto o curso anterior e o total de docentes con afinidade e maior do 27%.Tendo en conta os datos as conclusións nas ESO e postobrigatorias son as seguintes:
CCOO Ensino denuncia, a escasa oferta na FP Básica, ensinanzas que no curso 15-16 sufriu un aumento do alumnado do 25% respecto do curso anterior (FPBásica +PCPI).
CCOO Ensino lembra que as ensinanzas de FP Básica son de oferta obrigatoria e que a consellería debe ofrecer alternativas reais o alumnado que curse a FP Básica. O feito de engadir unha soa proposta de FP Básica en Viana do Bolo para o curso 16/17 o consideramos unha burla.
Esta maneira de actuar non ven máis que a constatar a hipocresía da Consellería de Educación na súa «aposta pola FP», unhas ensinanzas, con crecemento exponencial nos últimos anos que contrasta coa mingua á que as somete a administración ano a ano.
CCOO Ensino Ourense, denuncia o aumento con respecto o curso 15-16 do profesorado con afins de outros corpos (Docentes de secundaria con afins de técnicos de FP e técnicos de FP con afins secundaria) e considera inaceptable algunhas vacantes ofertadas, destacando unha de servizos de restauración (Técnico de FP) con afin matemáticas.
- IMPLANTACIÓN LOMCE:
CCOO Ensino entende primordial recuperar a diversificación curricular en 3º e 4º da ESO para evitar convertir a FP Básica na única medida de atención a diversidade na ESO.
O curso 16-17 é o da implantación da LOMCE nos cursos pares da ESO e bacharelato. Aparecen as reválidas da ESO e bacharelato, sendo este ano de transición, e dicir, os alumnos farán a proba pero titularán igualmente. A revalida de bacharelato, si que terá validez como proba de acceso a universidade, antiga selectividade.
CCOO Ensino, considera urxente a derrogación do RD 310/2016 que regula as reválidas de ESO e BAC.A incorporación das reválidas de ESO e BAC as xa implantadas en primaria levará a novas mobilizacións en contra das mesmas de toda a comunidade educativa durante o curso 16-17, onde CCOO Ensino terá un papel representativo, a través da plataforma en defensa do ensino público.
- INFRAESTRUTURAS:
BOBORÁS: CCOO Ensino Ourense considera que houbera sido adecuado eliminar a cuberta de uralita e facer unha nova e non recubrir a cuberta existente que conten amianto. CCOO Ensino Ourense esta a levar a cabo unha campaña de sensibilización sobre o amianto nos centros educativos de Galicia esixindo unha avaliación de riscos deses centros (que permita determinar as actuacións necesarias para a súa conservación, mantemento ou se fose preciso eliminación), así como a vixilancia da saúde obrigatoria que marca a lexislación para os traballadores expostos.
CIFP A FARIXA: Implantación do novo ciclo de disc yockey. CCOO Ensino Ourense, denuncia a falta de dotación de materiais para comezar este novo ciclo formativo a unha semana de comezar as clases.
IES 12 DE OUTUBRO: Posible perda do ciclo de FP Básica de mecanizado e mantemento o non cumplir os requerimentos de espazo que marca o currículo para este tipo de ensinanzas. Ciclo que conta con gran demanda na cidade.
CCOO Ensino Ourense, denuncia a neglixencia da consellería que leva varios anos poñendo en risco o alumnado e o persoal docente deste ciclo o non acometer as obras necesarias para cumplir cos requisitos de espazo nos talleres. A pesar de que dende o centro se leva reclamando a adecuación dos espazos varios anos, a consellería da «a calada por resposta», obrigando o centro a aprobar nos organos colexiados a non impartición das ensinanzas para o vindeiro curso.
CEIP JULIO GURRIARAN: Grazas a presión da comunidade educativa e as OOSS, a consellería presentou un proxecto no mes de agosto para crear unha zona cuberta no patio do Julio Gurriarán.
CCOO Ensino denuncia, que o proxecto non aporta nada novo, xa que e un documento de mínimos que nos tememmos teña como finalidade non se rmais que unha promesa electoral que se adiará no tempo unha vez superado o 25S.
CCOO Ensino, esixe que a consellería se tome en serio as necesidades da comunidade educativa do CEIP Julio Gurriaran e que estableza un calendario para a realización dun proxecto en condicións así como a execución das obras.