Enérxica repulsa á brutal agresión a unha docente en Verín
CCOO Ensino mostra a súa repulsa polos feitos acontecidos no CEIP PRINCESA DE ESPAÑA DE VERÍN.
Tras a brutal agresión que sufriu na tarde de onte unha mestra do Colexio Princesa de España (Verín), CCOO Ensino Ourense manifesta un absoluto rexeitamento a todo tipo de agresións físicas e psíquicas que se poidan dirixir contra os docentes.
CCOO Ensino apoia ás concentracións de repulsa que se están a producir no día de hoxe en contra da violencia aos docentes e a favor da dignificación e o recoñecemento social da esencial labor que os/as docentes realizan.
CCOO Ensino Ourense crítica igualmente a falta de interese da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o respecto da convivencia e da prevención da violencia nos centros educativos de Galicia, proba delo, é a demora de mais de 4 anos no desenvolvemento da Lei de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.