Encontro institucional delegada territorial-subdelegado
- A delegada territorial da Xunta en Ourense mantén un encontro institucional co subdelegado do Goberno na provincia
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe unha xuntanza co subdelegado do Goberno, Roberto Castro.
Este encontro enmárcase dentro da xira de visitas que está a realizar desde a súa recente toma de posesión como responsable do Goberno galego na provincia.