Encontro Galicia-Shikoku

  • Turismo de Galicia celebra un encontro con representantes da ruta de peregrinación de Shikoku
  • O xerente do Xacobeo, a directora de Promoción de Turismo de Galicia e a directora xeral do Patrimonio Cultural mantiveron unha xuntanza con representantes da Illa de Shikoku
  • O obxectivo da reunión foi continuar afondando na relación turística e cultural establecida entre Galicia e Xapón en torno as vías de peregrinación
  • Os peregrinos procedentes de Xapón na nosa comunidade alcanzaron no que vai deste ano 2016 os 1.014, un 22,5% máis que no mesmo período no ano pasado

image_gallery-6

 

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, mantiveron unha xuntanza con representantes da Illa de Shikoku no Consello Económico e Social de Galicia en Santiago de Compostela.

O obxectivo da reunión foi continuar afondando na relación turística e cultural establecida entre Galicia e Xapón en torno as vías de peregrinación.

O encontro tivo lugar no marco do protocolo de colaboración asinado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e representantes das prefecturas xaponesas polas que pasa o Camiño Shikoku Henro — Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa–, en torno a esta ruta de peregrinación e ao Camiño de Santiago.

Neste senso, Turismo de Galicia mantén contactos continuados con representantes de Shikoku co obxectivo de asesorar e colaborar na consolidación desta ruta de peregrinación, como xa fixo anteriormente co Camino Kumano co cal o Camiño de Santiago mantén un irmanamento dende 1998 a través do cal establécense estreitos lazos entre Galicia e a Prefectura de Wakayama.

Así, a través deste acordo estanse a deseñar e executar proxectos de colaboración a distintos niveis, encamiñados á valorización de ambas as dúas rutas, e á promoción dos seus valores patrimoniais, paisaxísticos, culturais e espirituais.

Mercado xaponés
En 2015, dos peregrinos que selaron a súa Compostela un total de 1.197 procederon do Xapón.

Neste ano, esta cifra vai en aumento, e no que vai de 2016 chegaron xa a Galicia 1.014 peregrinos xaponeses, o que supón un incremento do 22,5% en relación ao mesmo período de 2015.

 

Illa de Shikoku

Illa de Shikoku

 

También te podría gustar...