Encontro entre a Delegada Territorial de Ourense e o novo Director do centro penintenciario de Pereiro de Aguiar
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu onte no seu despacho a Luis González Crego, novo director do centro penitenciario ourensán de Pereiro de Aguiar desde o pasado mes de decembro.
Luis González, natural de Salamanca, desempeñou cargos de administrador no cárcere de Castellón 2 e de subdirector de seguridade na prisión de Ocaña 2.
Durante o encontro, o responsable da prisión ourensá trasladou á delegada territorial os seus proxectos e as liñas básicas da súa xestión, ao tempo que Díaz Mouteira brindoulle a máxima colaboración da administración autonómica en relación co centro penitenciario de Pereiro de Aguiar.
Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de reunións que Marisol Díaz está a celebrar cos principais representantes das entidades ourensás desde que o pasado mes de outubro tomou posesión como nova responsable da Xunta na provincia ourensá.