En marcha “A Tapiña dos Xoves” no Barco
- O Concello do Barco, AEVA e o CCA O Barco poñen en marcha “A Tapiña dos Xoves”
Co fin de promocionar e apoiar á hostalería barquense, comeza este xoves, 5 de maio, A Tapiña dos Xoves, unha iniciativa do Concello do Barco, O Centro Comercial Aberto e a Asociación Empresarial de Valdeorras co patrocinio de Bodegas Godeval, Bodega Roandi, Hacienda Ucediños e Bodega Cooperativa Jesús Nazareno.
Esta nova cita gastronómica se alongará ata o vindeiro 16 de xuño, contando con 15 establecementos participantes.
Todos os xoves, de 19:30 a 22:30 horas, os hostaleiros ofrecerán diferentes tapas e pinchos culinarios cun custe de dous euros.
Ademáis, esta iniciativa contará cunha tarxeta de participación para aqueles clientes que consumiron as tapiñas en polo menos tres establecementos diferentes. Entre os participantes, sortearanse catro ceas para dúas persoas, doadas polas adegas patrocinadoras.
O sorteo realizarase o día 20 de xuño, ás 18:00 horas na sede de AEVA, e os números premiados se publicarán nas páxinas web e nas redes sociais das entidades organizadoras.