En marcha a campaña ‘Máis claro auga’, fincapé na necesidade de facer un uso responsable da auga

  • Medio Ambiente achega a Ourense a campaña ‘Máis claro auga’ para concienciar aos cidadáns sobre a importancia do consumo responsable deste recurso
  • A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou o expositor informativo instalado na Praza do Ferro, para proporcionar consellos para o aforro de auga e distribuír redutores de caudal
  • As principais recomendacións de aforro son sinxelas, como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán; ou instalar nas billas dispositivos de aforro de auga

080716 aforro auga

 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ten en marcha a campaña Máis claro auga, coa que se fai fincapé na necesidade de facer un uso responsable da auga. A campaña está a percorrer as cidades galegas e hoxe achegouse a Ourense.

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería, Victoria Núñez, visitou o expositor informativo instalado na Praza do Ferro, onde sinalou que o obxectivo primordial desta iniciativa é informar aos cidadáns de cómo pode contribuír ao aforro de auga no seu día a día. O expositor informativo instalado na rúa proporcionará consellos para o aforro de auga e distribuiranse redutores de caudal.

Neste sentido, destácanse pequenas accións tan sinxelas como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán, no que se deixan de usar as vivendas habituais; ou instalar nos billas dispositivos de aforro de auga.

Marisol Díaz defendeu que é importante non desperdiciar a auga, xa que ademias de traducirse nun aforro importante de cartos para familias; garante a dispoñibilidade de auga a medio prazo, e é vital para a preservación dos hábitats e ecosistemas fluviais

A campaña divulgativa con información na rúa insírese nunha acción de Goberno encamiñada a acadar un aforro deste recurso natural. A delegada territorial sinalou que, en contra do que se poida pensar, en Galicia non sobra a auga e é importante que cidadáns e administracións asimilen esta realidade e compartan a preocupación.

 

También te podría gustar...