Eduardo Iglesias: catro participacións consecutivas no Dakar
- O Alcalde recibe a Eduardo Iglesias co equipo que participará no Dakar, ó que o Concello patrocina con 5.000 euros
- José Tomé Roca recibiu na praza da Casa Consistorial de Monforte ó piloto monfortino e o seu equipo, que presentaron a moto e a equipación que levarán ó Dakar 2023, no que participará co dorsal número 38
- O Concello monfortino apoia a participación de Eduardo Iglesias con 5.000 euros mentres que o ente provincial faino con 15.000€
- O mandatario municipal desexoulle ó motorista monfortino, en nome de todos os veciños da cidade, a maior das sortes e todo o apoio e forza na súa participación neste mítico rally, “que non teña accidentes e que, si pode, supere o posto 53 que conseguiu na edición de 2021”, e que foi a mellor das acadadas por Iglesias
- Eduardo Iglesias participará, por cuarto ano consecutivo, no que é rally máis famoso do mundo, e que nesta edición volverá a celebrarse en terras de Arabia Saudita do 31 de decembro de 2022 ó 15 de xaneiro de 2023
- O Alcalde salientou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación
- O Rally Dakar 2023, que é a proba de motor máis importante e famosa do mundo, desenvolverase ó longo de 14 etapas, do 31 de decembro de 2022 ó 15 de xaneiro de 2023, ó longo de 5.000 quilómetros de percorrido, en Arabia Saudita
Onte, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu ó piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, para despedilo días antes de que o piloto viaxe camiño de terras de Arabia Saudita para participar 31 de decembro de 2022 ó 15 de xaneiro de 2023 nunha nova edición do rally Dakar.
O acto de presentación, que tivo lugar na praza da Casa Consistorial do Concello de Monforte, serviu para dar a coñecer a moto coa que Iglesias competirá, así como a equipación que levará á proba, na que competirá co dorsal número 38.
Na recepción, o Alcalde e Iglesias estiveron acompañados pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Servizos, José Luís Losada, e por un dos membros do equipo do piloto monfortino, Jesús Veloso Cachaldora.
Catro participacións consecutivas no Dakar
Este 2023 será o cuarto ano consecutivo en que o piloto monfortino participe no rally máis famoso do mundo, e por este motivo, o Alcalde desexoulle o maior do éxitos en nome de todos os monfortinos, agardando “que non teña accidentes e que, si pode, supere o posto 53 que conseguiu na edición de 2021.”
Neste senso, cabe recordar que Eduardo Iglesias superou todas as previsións na súas tres participacións no Dakar: non so conseguiu rematar sempre o que é o rally máis duro do mundo, senón que ademais fíxoo entre os 100 primeiros clasificados, nun meritorio posto 94 no ano 2020, no posto 53 en 2021, e no posto 78 en 2022.
“Dende o primeiro ano, no Concello decidimos apoiar a participación de Eduardo Iglesias no Dakar, e facémolo porque queremos apoiar o talento e o esforzo dun dos deportistas da nosa cidade”, destacou o rexedor municipal. Ademais, o Alcalde salientou que o piloto monfortino levará o nome de Monforte e de toda a provincia de Lugo por todo o mundo, a través do eco das redes sociais e dos medios de comunicación.
Tomé Roca que tanto o Concello como a Deputación de Lugo apoian economicamente a este piloto, contribuíndo a sufragar os gastos desta importante competición. En concreto, o Concello monfortino apoia a participación de Eduardo Iglesias con 5.000 euros mentres que o ente provincial faino con 15.000€.
O Alcalde concluíu a súa intervención manifestando que “trátase dun reto moi importante polo que lle desexo moito ánimo e sorte a Eduardo para superalo e seguir mellorando os seus resultados”.
Pola súa banda, Eduardo Iglesias agradeceu o apoio que recibiu tanto dende o Concello como dende a Deputación de Lugo para este novo reto, e comprometeuse a acadar os éxitos conseguidos nas dúas outras participacións.
O Rally Dakar 2023, que é a proba de motor máis importante e famosa do mundo, desenvolverase ó longo de 14 etapas, do 31 de decembro de 2022 ó 15 de xaneiro de 2023, ó longo de 5.000 quilómetros de percorrido, en Arabia Saudita.