Dous veciños de Petín detidos como supostos asasinos de Martin Albert Verfondern
Si ó longo da semana pasada a Garda Civil de Ourense estivera facendo unha recreación do asesinato de Martin Albert Verfondern, holandes afincado en Petín desaparecido en xaneiro de 2010, as sospeitas traducésronse en detencións onte ó mediodiía, cando membros deste corpo de seguridade do estado detiveron a dous irmáns e veciños de Petín, dous homes que responden as iniciais de J.R.G. e J.C.R.G., como supostos autores do homicidio de Verfondern.
Fontes da Garda Civil consultadas xa comentaran que as pesquisas sobre os autores centrábanse no entorno non moi lonxano do holandés desde que se atoparon os seus restos calcinados en xuño nos montes do Concello de A Veiga.
Posibles conflictos por lindeiros en montes apuntan como unha das razóns do homicidio aínda que seguen abertas todos tipo de investigacións ó respecto.