‘Dispara’ na Veiga, I encontro de fotografía Trevinca Starlight
- I ENCONTRO DE FOTOGRAFÍA TREVINCA STARLIHGT, Campo de Traballo Fotográfico de Paisaxe A Veiga
Do 30 de setembro ó 2 de Outubro terá lugar o I Encontro Fotográfico Trevinca Starlight en A Veiga , un campo de traballo creativo onde se unen diferentes perspectivas de ver a fotografía, a través da paisaxe diurna, a astrofotografía da paisaxe nocturna, combinándoo cunha ollada artística e creativa orientada dende o desenrolo persoal.
A Veiga e o seu entorno privilexiado, invita a descubrir a beleza dun municipio interior de alta montaña de gran riqueza paisaxística e cultural. Este Taller inclúe a estancia nun entorno rural idílico mesturado coa excelente gastronomía da zona.
Este Campo de Traballo Fotográfico, orientado e guiado a través de profesionais de diferentes disciplinas, ten como obxectivo sacar o mellor rendemento tanto artístico como técnico.
Os formadores son destacados profesionais do mundo da fotografía. Eva Diez, Premio Nacional de Fotografía Profesional Lux Oro (2015), Fernando Rey, xerente de Luzlux S.L. empresa especializada en contenidos audiovisuais e Óscar Blanco, asesor astronómico especializado na fotografía nocturna e colaborador habitual co Concello da Veiga nas actividades de divulgación do Destino Turístico Starlight.
A cota de inscrición é 300,00€, incluído aloxamento e manutención.
Para todos aqueles que desexen participar neste taller poderán consultar a programación no facebook do Concello A Veiga e nos mails de turismo.aveiga@gmail.com, formacion@luxlux.com , evadiez@me.com ou no teléfono 988.350130.