Día Mundial da Diabetes. Carpa en Ourense para informar sobre a enfermidade e os riscos asociados

  • Silvia Dorado visita a carpa instalada pola Asociación ourensá de Diabéticos con motivo do día mundial desta enfermidade

141116-carpa-diabeticos-auria

 

A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, visitou hoxe a carpa instalada pola Asociación de Diabéticos “Auria” para informar á cidadanía sobre os riscos asociados á diabetes con motivo do día mundial desta enfermidade.

Alí durante todo o día realízanse probas para controlar esta doenza como controis de glicemias ou medicións de tensión ocular, ademais de incidir na importancia de promover actividades de prevención da patoloxía e a concienciación da poboación.

141116-carpa-diabete

También te podría gustar...