Día Mundial contra o Cancro, a Torre da Homenaxe de cor verde
- O Concello de Monforte conmemora o Día Mundial contra o Cancro iluminando de verde a Torre da Homenaxe
- A Torre da Homenaxe de San Vicente permanecerá iluminada hoxe venres día 4 de febreiro en cor verde en sinal de apoio ás persoas afectadas polo cancro
- O Alcalde, José Tomé Roca destaca que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro pódese considerar como o problema sanitario, social e económico máis importante que ten a nosa sociedade”
- O cancro segue constituíndo unha das principais causas de mortalidade no mundo, co diagnose de 18,1 millóns de casos novos en 2020. O número de cánceres diagnosticados en España no ano 2022 se estima que alcanzará os 280.100 casos
- Baixo o lema da campaña deste ano “Non somos todos iguais fronte ó cancro”, o obxectivo da Asociación Española contra o Cancro (AECC) é garantir que todas as persoas teñan os mesmos dereitos, oportunidades e recursos para previr a enfermidade, enfrontarse a ela e acceder aos resultados da investigación
- Dende esta Asociación ponse a disposición da cidadanía a web acuerdocontraelcancer.com, coa finalidade de que a sociedade apoie esta iniciativa
O Concello de Monforte súmase hoxe venres día 4 de febreiro os actos conmemorativos do Día Mundial contra o Cancro.
Para elo, como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas afectadas pola enfermidade do cancro, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou que na noite procederase á iluminación da Torre da Homenaxe de San Vicente de cor verde.
Cada ano, o 4 de febreiro celébrase o Día Mundial contra o Cancro como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra esta enfermidade.
Baixo o lema da campaña deste ano “Non somos todos iguais contra o cancro”, o obxectivo da Asociación Española contra o Cancro (AECC) é garantir que todas as persoas teñan os mesmos dereitos, oportunidades e recursos para previr a enfermidade, enfrontarse a ela e acceder aos resultados da investigación.
Neste senso, o Alcalde sinala que “dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa e queremos facela extensiva a toda a cidadanía iluminando de verde a Torre da Homenaxe, pois cancro é unha enfermidade que desgraciadamente está moi estendida na nosa sociedade”.
O cancro pódese considerar como o problema sanitario, social e económico máis importante que ten a nosa sociedade. O cancro segue constituíndo unha das principais causas de mortalidade no mundo, co diagnose de 18,1 millóns de casos novos en 2020. O número de cánceres diagnosticados en España no ano 2022 se estima que alcanzará os 280.100 casos.
Por esta razón, o Concello de Monforte sumarse ó chamamento da Asociación Española contra o Cancro (AECC), asociación que dispón dunha serie de servizos e programas para a atención integral das persoas con cancro.
Tamén, dende esta Asociación ponse a disposición da cidadanía a web acuerdocontraelcancer.com, coa finalidade de que a sociedade apoie esta iniciativa.