Deputación de Ourense e balnearios da provincia asinan mañán o convenio de Termalismo Saúdable 2015
Na Sala de Xuntas do Pazo Provincial terá lugar o mañán luns, 9 de febreiro, ás 11:30 a sinatura do “Convenio de colaboración para o fomento do termalismo saudable e a cultura termal” 2015, entre a Deputación de Ourense e os balnearios da provincia. No acto participarán Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Rafael Luaña, do Grupo Caldaria Termal; Eduardo Laherrán, do balneario de Baños de Molgas, e José María de la Figuera, do Gran Balneario de Carballiño. Tamén estarán presentes os alcaldes dos concellos ourensáns que contan con establecementos balnearios.