Deputación – Asociación de Produtores de Pataca da Limia: colaboración e cooperación

  • Reunión de Manuel Baltar coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial con representantes da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, acompañados pola alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, “unha recepción marcada pola colaboración e a cooperación que desde a Deputación defendemos sempre con este colectivo, incluíndo nesta ocasión a adquisición de maquinaria imprescindible para o desenvolvemento do seu labor”, expresou Manuel Baltar, quen salientou que este asociación conta con membros en case todos os concellos da comarca e basea a súa actividade nun dos produtos estrela da nosa gastronomía, como é a pataca, cuxo consello regulador de denominación de orixe está en Xinzo de Limia.

“Seguiremos colaborando, escoitando as súas propostas e vendo a súa visión sobre cuestións vitais para a comarca e para o seu sector, como a execución do regadío; en definitiva, colaboración e diálogo, escoitando as necesidades dun colectivo tan importante da comarcas como a da Limia, que contribúe á dinamización económica, xera emprego, riqueza, e se basea o seu traballo nun produto de prestixio gañado ao longo de décadas”, afirma Baltar. 

 

También te podría gustar...