Declarada como medida preventiva a “situación 2” nun incendio forestal activo en Ourense, parroquia de Palmés
A Consellería do Medio Rural e do Mar vén de declarar ás 17:45 horas, como medida preventiva, a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora no concello de Ourense, parroquia de Palmés. Esta situación operativa de emerxencia declárase porque o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro.
O lume iniciouse ás 16:03 horas e permanece activo polo de agora. No seu control traballan 3 axentes forestais, 8 brigadas, 4 motobombas, 5 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.