Datos do inicio do curso escolar en Valdeorras aportados por CCOO Ensino
CCOO Ensino, denuncia a perda na comarca de Valdeorras, Trives Viana e A Gudiña do 17% de aulas en infantil e primaria (o 10% na provincia) e do 19% dos postos de traballo (o 10% na provincia) dende 2009.
COO Ensino, xa denunciou en 2014 a publicación do currículo de primaria no mes de setembro cando o curso xa comezara e a LOMCE se establecera para 1º, 3º e 5º de primaria. Un ano despois, e coa implantación da LOMCE en toda a etapa de primaria no curso 15-16 a consellería segue sen regular o Reglamento Orgánico dos Centros e as distintas ordes de desenvolvemento. O inicio de curso 15-16 en secundaria e bacharelato preséntase coas mesmas incertidumes que o ano pasado para primaria, cun currículo de ESO e BAC aprobado a finais de xuño do 2015 e unhas instruccións para determinar a organización da oferta de ESO e BAC, publicadas o 27 de xullo, a 3 días do peche dos centros polas vacacións de agosto.
Accións que imposibilitan que a comunidade educativa se adapte a nova lexislación.
CCOO Ensino Ourense, xa avisou da necesidade de adiar a implantación da LOMCE. A decisión de continuar coa aplicación da nova lei, leva a remolque a esta administración educativa que se caracteriza na xestión, pola precipitación e a improvisación. En canto os datos do ensino, CCOO Ensino Ourense, presenta informes do ensino non universitario para a provincia de Ourense no período 2009-2015.
CCOO Ensino en Valdeorras analiza os centros da comarca de Valdeorras, Viana do Bolo, Trives e A Gudiña no que se amosa unha perda de aulas e profesorado que duplica a perda que sufriu a provincia no seu conxunto. Infantil e Primaria Os datos de perda de unidades no período 2009-2015, deixa para o vindeiro curso 15-16 19 aulas (- 16%) e 35 postos de traballo menos (-19%) que no curso 09-10. Estes datos, que son moi preocupantes veñen a confirmar o que CCOO Ensino está a denunciar nos últimos anos, un desmantelamento do rural por parte da consellería de educación.
O igual que para o analise provincial, o ano 2012 pódese calificar de insólito para o ensino na nosa comarca, coa perda do 6% das aulas de infantil e primaria e o 8% dos postos de traballo respecto o ano 2011.
O curso 15-16 comeza con 3 unidades (1 de infantil en CEIP Casaio, 1 de infantil CEIP Manuel Respino de A Rúa e 1 de primaria no CEIP Eduardo Avila da Veiga) e 4 postos de traballo menos (1 de Educación infantil no CEIP Casaio, 1 de Educación infantil e outro de Audición e linguaxe no CEIP Manuel Respino da Rúa e un de Educación primaria no CEIP Eduardo Avila de A Veiga) que o curso 14-15 na nosa comarca.
CCOO Ensino denuncia que a consellería está a tomar decisións unilaterais e economicistas, sen ter en conta criterios socio-económicos ou pedagóxicos a hora de pechar un centro ou agrupar alumnado de diferentes idades derivadas da eliminación de unidades.
CCOO Ensino, ven denunciando que a perda de postos de traballo tradúcese nun aumento de profesorado precario, que provoca un aumento das itinerancias e a afinidade entre as especialidades do corpo de mestres. A este respecto, CCOO Ensino considera unha liña vermella as especialidades de alumnado con necesidades específicas.
CCOO Ensino, afirma que é unha merma na calidade educativa que un mestre de música teña que impartir docencia de Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica, especialidades de perfil moi específico relacionado con alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
CCOO Ensino, solicita da consellería, un cambio no rumbo das políticas educativas, facendo fincapé, na igualdade e a equidade como piares do noso sistema educativo, cimentos, que debe ter unha educación pública e de calidade.
CCOO Ensino, considera insuficiente a recuperación da taxa de reposición de efectivos o 100% exposta polo goberno nos PXE2016, sendo necesario un plan de emprego para poder recuperar os postos de traballo perdidos nos últimos 5 anos na provincia e especialmente no rural.