«Das praias de Francia ao exilio mexicano»

  • Palestra na Courña

Mañá venres, 9 de decembro, ás 19:30 horas, no local da AC Alexandre Bóveda da Coruña -organizada por Valdeorras Infinda en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda- teremos a palestra sobre Florencio Delgado Gurriarán, «Das praias de Francia ao exilio mexicano«, que impartirá Telmo Fernandes Gonçalves.

Nado no Barco de Valdeorras, Telmo é Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Vén de realizar tamén un «Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea», do que saíu a Memoria de Investigación -dirixida por Ramón Villares Paz- que leva por título «O exilio mexicano a través de Florencio Delgado Gurriarán».

Na súa palestra, Telmo Fernandes Gonçalves analizará a importancia e a actuación de Florencio Delgado Gurriarán dentro do galeguismo, seguindo a evolución da súa vida e obra política enmarcada no contexto do nacionalismo galego.

 

También te podría gustar...