Dá comezo na AGASP o curso de intervención policial con graffitis
Un total de 20 persoas comezaron hoxe o curso de intervención policial con graffitis, na Academia Galega de Seguridade Pública, que está destinado integramente aos membros das forzas e corpos de seguridade da nosa Comunidade.
O curso ten como obxectivo principal proporcionar unha formación específica e concreta que dote o alumno dun coñecemento concreto deste tipo de actuacións, e así poida identificar ás distintas modalidades derivadas deste arte urbano, as súas motivacións e formas. Ademais de poder dispoñer de ferramentas que lle permitan indagar e investigar aos seus autores, así como aprender o enfoque xurídico-penal das súas condutas.
As materias a impartir serán entre outras, a historia do graffiti, os aspectos criminolóxicos, os aspectos legais, liñas de investigación, redes sociais, dilixencias no ámbito da intervención policial. Para este curso houbo preto de 150 solicitudes