D.E.P. Celia Teijeiro, viúva do poeta Florencio Delgado Gurriarán
TRISTURA POLO FALECEMENTO EN MÉXICO DE CELIA TEIJEIRO, VIÚVA DO POETA FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS
- De orixes galegos, Celia casara con Florencio en 1944 e tiveron dous fillos e tres fillas, as cales estiveron en Córgomo o pasado 17 de maio
Con tremenda tristura despedimos hoxe a Celia Teijeiro López, muller e compañeira de vida de Florencio Delgado Gurriarán, quen con 96 anos faleceu en Cidade de Máxico, onde vivía, acompañada dos seus seres queridos.
Filla de emigrantes galegos, Celia coñeceu a Florencio cando traballaba na zapatería de seu tío e casaron en 1944. Tiveron cinco fillos:
Florencio (1944), Celia (1945), Maruxa (1949), Lucio (1951) e Carmiña (1955). As tres fillas viaxaron o pasado 17 de maio a Valdeorras para participar dos actos das Letras Galegas adicadas ao seu pai e que súa nai viviu “con enorme ilusión” na distancia.
Dende o equipo de As Letras de Florencio e da veciñanza de Valdeorras, mandan unha aperta moi agarimosa a toda a súa familia
Ata sempre, Celia