Cultura e Educación publica no DOG o decreto de implantación da Lomce en primaria,
Cultura e Educación publica no DOG o decreto de implantación da Lomce en primaria, que a comunidade educativa ten á súa disposición desde hai catro meses.
O texto estivo a exposición pública desde o pasado 21 de maio, foi elevado á Mesa Sectorial de Persoal Docente e ao Consello Escolar de Galicia, trámites que desmenten as declaracións de descoñecemento expresadas por distintos colectivos.
Ademais, co obxectivo de reforzar a comunicación cos docentes, a Consellería publicou o pasado xullo unha Orde na que se avanzaban os contidos curriculares de aplicación para este curso.
A Consellería de Cultura e Educación considera que este Decreto supón unha aposta polo cambio metodolóxico na procura de mellorar os resultados, potenciando a adquisición de competencias en comunicación lingüística, matemáticas, ciencias e tecnoloxía; reforzando a autonomía dos centros co fin de que distribúan as horas de libre configuración en función das necesidades educativas que detecten; garantindo o equilibro lingüístico e promovendo a calidade, a equidade e a inclusión educativa das persoas con discapacidade, entre outros.