Cultura e Educación modifica os concertos para o vindeiro curso para adaptalos ás necesidades educativas de cada zona
diarComo en anos anteriores a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou inte no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se modifican os concertos educativos correspondentes ás etapas de Educación Infantil, Primaria, ESO, Educación Especial, FP Básica e Ciclos Formativos de Grao Medio e Grao Superior para o curso 2015-2016.
Deste xeito, logo dos axustes necesarios tendo en conta as necesidades educativas, sobre todo nas localidades de grande densidade de poboación escolar, o vindeiro curso haberá no sistema educativo galego un total de 3.853 unidades concertadas. A modificación destes concertos inclúe a implantación progresiva da FP Básica en substitución das PCPI, xa que no vindeiro curso concértase o 2º curso en todos aqueles centros con concerto no primeiro ano do respectivo ciclo.
A modificación prodúcese de conformidade co recollido na Orde do 14 de febreiro de 2013 pola que se ditan normas para a aplicación do réxime xurídico de concertos educativos para os curso 2013/2014 a 2016/2017, que prevé que estes poderán modificarse dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento establecido e tanto a instancia de parte como de oficio, realizándose, en consecuencia, os axustes pertinentes á vista das solicitudes formuladas polas titularidades dos centros e a súa matrícula.