Cultura e Educación apoia 89 proxectos municipais para mellorar a rede de equipamentos culturais de Galicia entre eles Viana e A Veiga
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia un total de 89 proxectos municipais destinados a mellorar locais e instalacións de toda Galicia nos que se vén desenvolvendo unha programación cultural estable, a través da liña de subvencións a concellos e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia promovida pola Secretaría Xeral de Cultura.
O Diario Oficial de Galicia publica onte a resolución coas concesións das axudas de 2015, dotadas cun importe económico de 500.000 euros e cofinanciadas con fondos Feder e, que se destinan á adquisición e renovación de equipamento audiovisual, informático, acústico e de iluminación de casas da cultura, centros socioculturais, ludotecas etc. das catro provincias galegas, así como tamén ao acondicionamento destas instalacións, a través de melloras na accesibilidade e seguridade dos locais.
Deste xeito, na convocatoria de 2015 benefícianse desta liña de subvencións os 89 concellos entre eles Viana do Bolo e A Veiga.
Instalacións axeitadas para actividades culturais diversas
Con esta liña de subvencións dirixida a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, a Consellería de Cultura e Educación ten como obxectivo favorecer condicións técnicas e de accesibilidade axeitadas para que os concellos galegos poidan realizar nas súas instalacións unha programación cultural diversa e de calidade dirixida a toda a poboación.
Estas axudas están enmarcadas dentro das diversas iniciativas que desenvolve a Consellería de Cultura e Educación para promover e difundir a cultura, neste caso no ámbito local galego, facilitando deste xeito o equilibrio territorial na súa distribución.