Cúbrense en oito horas as 360 prazas da primeira convocatoria para a obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Xunta
Se esta mesma fin de semán anunciábamos o anuncio do Concello de O Barco aperturando o prazo para poder inscribirse nesta convocartoria, primeiro día de inscrición e en tan só oito horas se cubriron as 360 prazas para obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática da Xunta. Trátase da primeira convocatoria para acadar este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Ametega), e que acredita a formación en ofimática da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada. A convocatoria publicouse no DOG o pasado xoves 25 de setembro, indicando que se abría a inscrición ao día seguinte.
As persoas que accederon a esta convocatoria terán que superar un exame, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación a través das aulas CeMIT. Para acceder a este curso, os únicos requisitos necesarios eran ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuario da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame.
O curso, con 190 horas de formación, habilitará ao alumnado para a realización da proba de avaliación que será necesario superar para obter a certificación. Así o se recolle o Decreto 218/2011 que a regula, e que terá carácter presencial para garantir a calidade e transparencia do proceso de acreditación.