Cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

  • Participación máis alta da historia en número de adegas
  • José Tomé Roca presentou hoxe o Cartel e o Programa oficiais do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte que terá lugar do 1 ó 3 de xullo no Paseo do Malecón de Monforte e que contará coa participación de 27 adegas, que supoñen o número máis alto de participación nas 4 edicións que se levan celebrado do certame
  • Ademais, contará cunha zona de gastronomía, obraidoiros infantís, tres VinoRuras pola Ribeira Sacra, e coma novidade organizaranse dous obradoiros para adultos de Iniciación á Cata de Viños da Ribeira Sacra, que consistirán nunha cata comentada e dinámica percorrendo diversos estilos de viños desta denominación de orixe
  • Tamén será novidoso o emprazamento das actuacións musicais do Festival, que se ubicarán na praza Campo de San Antonio, e que este ano correrán a cargo do cantante POL 3.14 e a compañía Nova Galega de Danza. Ademais, despois da inauguración do festival, que terá lugar o venres 1 de xullo ás 7 da tarde, terá lugar a actuación da asociación folclórica coruñesa Donaire
  • “A celebración deste evento”, subliñou o Alcalde, “pensamos que vai ser un reclamo importante para atraer xente a Monforte e ó conxunto da Ribeira Sacra, co fin de contribuír a dinamizar a economía da comarca, particularmente o mundo do viño, a hostalería e o comercio.” E engadiu que “queremos que o Festival siga medrando, que cada vez sexa máis atractivo e nos visite máis xente, e que contribúa de xeito importante á promoción dos nosos viños, da nosa paisaxe, da nosa gastronomía, dos nosos museos, dos nosos monumentos e da nosa cultura.”
  • “En definitiva, queremos promocionar a Ribeira Sacra e a Monforte, que é a súa capital, e animar tanto ós monfortinos como ás persoas que veñan de fora a que disfruten eses días en Monforte dun Festival do Viño único, estou seguro de que non se sentirán defraudados.”

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deu a coñecer hoxe o Programa e Cartel oficial do que será a cuarta edición do  Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 1 ó 3 de xullo no paseo do Malecón da cidade.

“Despois de 2 anos por mor da incidencia do Covid, a cidade volve acoller o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, unha proposta diferente cun amplo programa de actividades que xiran en torno ó viño, que é o auténtico protagonista do Festival”, sinalou José Tomé.

Neste senso, o Alcalde destacou, o incremento no número de adegas participantes, que aumentou en dous con respecto á edición de 2019, participando neste ano 2022 27 adegas, que supoñen o número máis alto de participación nas 4 edicións que se levan celebrado do Festival do Viño. Todas estas adegas ofrecerán ó visitante a posibilidade de degustar e gozar dunha ampla variedade de viños que non deixarán indiferente a ninguén, nunha contorna natural, tranquila e confortable á beira do Río Cabe.

“Estou convencido” sinalou o rexedor monfortino, “de que o Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte volverá a ser un evento de referencia no sur da provincia de Lugo, un evento destinado a público de todas as idades, onde quen nos visite poderá descubrir e sentir a Ribeira Sacra a través da súa paisaxe, gastronomía e tradición.

Cartel oficial do Festival do Viño

No que se refire ó Cartel oficial do Festival, o Alcalde explicou que “este ano quixemos, conservando a esencia doutras edicións, facer unha evolución do mesmo, realizando para elo unha composición minimalista con elementos xeométricos que representan o Festival a través dun escenario conceptual, en cuxo eixe central se sitúa a copa de viño oficial deste Festival”.

“Co obxectivo de dar máis relevancia a esta copa, introducímoslle salpicaduras de viño para evocar o movemento e a evolución dos viños desta Denominación de Orixe continuando coa liña gráfica do Festival en edicións anteriores”.

En canto a tonalidade e cores do cartel, o rexedor monfortino explicou que “utilizáronse a cor morada, xa que é a cor corporativa do Festival en representación do viño, e cores pastel ácidos, tendencia elixida para este 2022, como os azuis e rosas”.

Por último en canto ó texto incluído no cartel, recóllese toda a información nun punto central do mesmo, para que sexa facilmente lexible. Deste xeito, o cartel recolle as actuacións musicais que haberá no Campo de San Antonio, tanto o venres como o sábado, así como os obradoiros infantís e de iniciación á cata para adultos, e a gastronomía.

 
Adegas participantes e Zona de gastronomía

As 27 Adegas participantes nesta cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, supón a participación máis alta das edicións que se levan celebrado, son:

  1. Algueira
  2. Peza do Rei
  3. Ponte da Boga
  4. Abadía da Cova
  5. Alma das Donas
  6. Lucenza
  7. Rectoral de Amandi
  8. Don Bernandino
  9. Adega Vella
  10. Condado de Sequeiras
  11. Pilares de Belesar
  12. Rectoral de Gundivós
  13. Guímaro
  14. Viña Vella
  15. Malcavada
  16. Petrón
  17. Don Cosme
  18. Cruceiro
  19. Finca Cuarta
  20. Cividade
  21. Santa Mª de Nogueira
  22. Val da Lenda
  23. Proencia
  24. Finca Millara
  25. Gullufre
  26. Ciudáseis
  27. Amedo

 

Ademais, o Festival contará  cunha Zona de Gastronomía que contribuirá a acompañar mellor a degustación dos viños, e na que participarán:

  • “Queixo negro Buleri”
  • “Queixo Milkabra”
  • “Casa Neiras”
  • “Embutidos Suarna”
  • “Jamones D. Francisco”
  • “Jamones Roberto”
  • Panadería “La Luna”
  • E establecementos asociados a “E para comer Lugo”.

 

Actividades para todos os públicos

Como en anteriores edicións,  destinados ós máis pequenos terán diversos Obradoiros infantís:

  • 2 obradoiros de Contacontos, con Anxo Moure e Brais Moure.
  • 2 obradoiros a cargo de “Velaisca Animación”.
  • 1 obradoiro de Olería Tradicional da Ribeira Sacra a cargo de “Figulus. Olería de Gundivós.”

Coma novidade este ano, organizaranse dous obradoiros para adultos de Iniciación á Cata de Viños da Ribeira Sacra, que contarán cun aforo de 30 persoas e se realizarán nun espazo habilitado no Stand de Recepción denominado “Sala de Catas”. Consistirán nunha cata comentada e dinámica percorrendo diversos estilos de viños a través das súas variedades mais nobres.

En concreto, os participantes catarán un branco xove e un branco de crianza, así coma un tinto xove e un tinto de crianza, así coma un rosado, e ensalzaremos a recuperación das diferentes variedades ancestrais como son as uvas de Brancellao, Merenzao, Dona Branca ou Branco Lexítimo. Estes obradoiros terán unha duración dunha hora-hora e cuarto.

 

3 VinoRutas para coñecer a Ribeira Sacra

O Alcalde tamén destacou a celebración doutra actividade que conta ano a ano con cada vez máis participantes. Trátase das 3 VinoRutas “que nos permitirán viaxar ó lugar de orixe onde contemplar o nacemento da uva e descubrir os encantos dos dous ríos que bañan as ribeiras, o Miño e o Sil. Unha experiencia única para sentir a vertixe da nosa viticultura heroica”.

En concreto, a primeira das VinoRutas terá lugar o venres día 1 de xullo e outras dúas o sábado 2, cun prezo de 15€ para adultos e 5€ para nenos, e con saída dende o Parque dos Condes.

O venres 1 de xullo, a partir das 15:15 h., terá lugar a VinoRuta do Sil: “Ribeira e Bosque”, na que os participantes farán un percorrido en catamarán polo Canón do Sil e se achegarán a unha das adegas adheridas da D.O. Ribeira Sacra (Regina Viarum), para dar a coñecer de primeira man a viticultura heroica de montaña. Tamén se visitará o Miradoiro de Pena do Castelo, onde se fará unha ruta de 1,5km entre bosques de castaños ata chegar a el. Dende alí partirase cara Monforte de Lemos para disfrutar do Festival do Viño da Ribeira.

O sábado 2 de xullo pola mañá, a partir das 9:30 h., terá lugar a ViñoRuta do Miño: “Camiñando entre viñedos”, na que se fará a ruta de sendeirismo dos Codos de Belesar, cun fermoso percorrido entre viñas por unha antiga calzada romana. Dende o pobo de Belesar collerase o catamarán polo Rio Miño para ver os viñedos e paisaxe como a Praia da Cova, e farase unha visita á adega Via Romana, na que se fará unha cata comentada e se verán unhas fermosas vistas das ladeiras do Miño. A ruta rematará coa volta a Monforte.

Pola tarde, dende as 15.15 h., terá lugar a terceira das rutas, a VinoRuta do Sil: “Viño e Tradición”, que levará ós participantes a coñecer un oficio centenario como é a Olería de Gundivós no concello de Sober. A continuación, visitarase a adega Rectoral de Amandi e o Miradoiro de Soutochao, nos viñedos de Amandi, cunha parada tamén na adega Adega Vella para catar e coñecer os seus viños, antes da volta a Monforte de Lemos.

Para máis información, reserva de VinoRutas e inscripción no Taller de Catas será necesario chamar ó teléfono de contacto 611 533 271 ou enviar un email a festivalmonforte@gmail.com.

 

Actuacións musicais no Campo de San Antonio

Chegada a noite, a Praza do Campo de San Antonio acollerá 2 actuacións musicais os días 1 e 2 de xullo. “Por primeira vez”, explicou o Alcalde, “está praza acollerá as celebracións musicais do Festival do viño, debido a que a grúa ubicada na Praza de España, impide o desenvolvemento destas actuacións musicais tal e como se merecen. Será un excelente escenario para mostrar o talento das diferentes agrupacións musicais, con propostas que van dende a danza contemporánea tradicional ata o pop-rock”.

O venres día 11 ás 11 da noite, terá lugar a actuación de POL 3.14, que é  un cantante solista e compositor cunha importante traxectoria musical dende o 2010, cun estilo único, sen tapuxos e con personalidade, que o situou na escena dentro do ámbito da música pop actual.

O sábado 2 de xullo, tamén ás 11 da noite, a compañía Nova Galega de Danza fusionará en vivo danza e música de raíz galega, tradición e vangarda con vocación universal, a través do seu espectáculo chamado “Leira”, coa colaboración da artista Rosa Cedrón.

Para a correcta celebración destas actuacións musicais, procederase a cortar o tráfico arredor desta praza do Campo de San Antonio, tanto o venres 1 coma o sábado 2, a partir das 10 da noite e ata a unha da mañá, unha vez rematadas as actuacións musicais.

Ademais, despois da inauguración do festival, que terá lugar o venres 1 de xullo ás 7 da tarde, terá lugar a actuación de Donaire que é unha asociación musical folclórica de A Coruña que conta cunha longa traxectoria de actuacións e premios acadados, e que está  formado por bailaríns, pandereteiras e un grupo musical.

Promoción do Festival do Viño

José Tomé salientou a importante promoción publicitaria que levará a cabo o Concello de Monforte. “Agora que xa fixemos público o cartel e o programa oficiais, axiña comezaremos xa a difundilos para conseguir darlle a máxima visibilidade á celebración do Festival do Viño que vai acoller a nosa cidade nos primeiros días do mes de xullo”

O obxectivo é “que nos visite moita xente durante os tres días que vai durar o evento, que en definitiva debe supoñer o colofón a todas as feiras que se celebran en varios concellos da Denominación de Orixe do sur da provincia de Lugo”.

Deste xeito, o Concello fará unha promoción en toda Galicia a través dos carteis que serán colocados nas distintas cidades e pobos, no reparto dos programas en todas as oficinas de turismo, nos medios de prensa escrita a nivel provincial e de Galicia, en medios radiofónicos, en redes sociais en todo o mundo.

“A celebración deste evento”, subliñou o Alcalde, “pensamos que vai ser un reclamo importante para atraer xente a Monforte e ó conxunto da Ribeira Sacra, co fin de contribuír a dinamizar a economía da comarca, particularmente o mundo do viño, a hostalería e o comercio.” E engadiu que “queremos que o Festival siga medrando, que cada vez sexa máis atractivo e nos visite máis xente, e que contribúa de xeito importante á promoción dos nosos viños, da nosa paisaxe, da nosa gastronomía, dos nosos museos, dos nosos monumentos e da nosa cultura.”

“En definitiva, queremos promocionar a Ribeira Sacra e a Monforte, que é a súa capital, e animar tanto ós monfortinos como ás persoas que veñan de fora a que disfruten eses días en Monforte dun Festival do Viño único, estou seguro de que non se sentirán defraudados.” 

Horarios e programación oficial

Os horarios de apertura e peche dos stands deste Festival do Viño serán:

  • Venres 1 de xullo de 7 da tarde a 12 da noite, sendo á inauguración ás 7 e media da tarde.
  • Sábado 2 de xullo, de 11 da mañá a 3 da tarde, e das 7 da tarde ás 12 da noite.
  • E o domingo 3, de 11 da mañá a 3 da tarde.

 

O Programa Oficial do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2022 será o seguinte:

Venres 1 de Xullo

19:00 h – Apertura dos stands.

19:30 h – Acto de inauguración do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2022”.

Actuación do grupo folcklorico galego DONAIRE.

23:00 h – Concerto de POL3.14

00:00 h – Peche dos stands.

 

Sábado 2 de Xullo

11:00 h – Apertura dos stands.

12:00 a 14:00 h – Obradoiro de Olería Tradicional da Ribeira Sacra – Figulus.

12:30 a 13:30 h – Taller de Iniciación a Cata. Descobre… Viños da Ribeira Sacra.

15:00 h – Peche dos stands.

19:00 h – Apertura dos stands.

19:00 a 20:00 h Taller de Animación con Velaísca. Descórchate.

20:00 a 21:00 h – Taller de Contacontos. Anxo Moure.

23:00 h – Espectáculo LEIRA de NOVA GALEGA DE DANZA e Rosa Cedrón.

00:00 h – Peche dos stands.

 

Domingo 3 de Xullo

11:00 h Apertura dos stands.

12:00 a 13:00 h Taller de Contacontos. Brais Moure.

12:30 a 13:30 h – Taller de Iniciación á Cata. Descobre… Viños da Ribeira Sacra.

13:00 a 14:00 h Taller Sensorial con Velaísca. “Sinte a Ribeira Sacra”.

15:00 h – Peche do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2022”

 

También te podría gustar...