Cortes de tráfico na OU-121 na Veiga
No Concello de A Veiga, a estrada OU-121, o tráfico se viu interrompido.
Varios desprendementos impediron que un autobús de liña regular con 17 pasaxeiros a bordo realizara a súa ruta. Os pasaxeiros foron evacuados en taxis e vehículos particulares coa axuda dos axentes de tráfico e dos efectivos do GES de Valdeorras. .
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a través do Centro de Atención ás Emerxencias activou en fase de alerta o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia, o que, implicou informar a todos os organismos e medios chamados a intervir en aquelas zonas nas cales era previsible o desbordamento dos ríos.