Convocatoria de pleno no Barco para o vindeiro día xoves 5

Concello de O Barco
Convócase Pleno Ordinariono Concello do Barco de Valdeorras que se celebrará na Casa Consistorial o vindeiro xoves, día 5 de marzo de 2015, ás 19:00h coa seguinte orde do día:

1º Aprobación da acta do Pleno da sesión celebrada o día 5 de febreiro de 2015.
2º Ditame da Comisión Informativa de Patrimonio, Facenda, Contas e Promoción Económica relativo a expediente de modificación orzamentariacrédito extraordinario 01/2015,financiado con cargo a expediente de baixa por anulación 01/2015.
3ºDitame da Comisión Informativa de Patrimonio, Facenda, Contas e Promoción Económica relativo a bonificación no ICIO solicitada por DªAlmudena Catela Enrique.
4ºDitame da Comisión Informativa de Servizos Sociais, Igualdade e Xuventude relativo a aprobación inicial do regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras e derrogación do Regulamento de réxime interno da Gardería Infantil Municipal do Barco de Valdeorras.
FASE DE CONTROL AOS ÓRGANOS DE GOBERNO
1. Mocións urxentes (sen incluír na orde do día e previa ratificación da súa urxencia, por maioría absoluta do número legal dos membros do Pleno, para o caso de que se presenten).
2. Rogos e preguntas.
3. Dación de conta de corrección de erro no anexo do aforro neto do informe de fiscalización ao Orzamento da Corporación para 2015.
4. Dación de contas: Informe das resolucións da Alcaldía dende o nº 53/15 ata o nº 121/15 ede resolución de 2 de marzo de 2015 relativa a exercicio de acción xudicial en defensa de bens, e das actas da Xunta de Goberno Local de 29 de xaneiro e 5, 12 e 19 de febreiro 2015.

También te podría gustar...