Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Boborás, parroquia de Moreiras
A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Boborás, parroquia de Moreiras.
O lume iniciouse ás 13:16 horas desta tarde e quedou controlado ás 18:59 horas. No seu control traballaron 4 axentes forestais, 11 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións. A superficie afectada, segundo estimacións provisionais, é de 40 hectáreas, na súa meirande parte arboradas.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.