Conto infantil ‘Héroes de primavera’, os verdadeiros heroes da pandemia

  • Conto infantil ‘Héroes de primavera’

 

A Biblioteca Pública Municipal e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober incorporan á súa colección bibliográfica varios exemplares do conto infantil ‘Héroes de primavera’.

O volume é autoría de Patricia Sanmiguel Couso, casada cun veciño de Sober, e nai de dúas nenas que axudaron a ilustralo, xunto cos alumnos de 2ºB do CEIP Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.

Patrica coas súas fillas

 

O proxecto, pensado para o público infantil, pretende amosar como os verdadeiros heroes da pandemia son os nenos e as nenas e a súa capacidade para adaptarse a cada situación sen perder nunca o sorriso. Unha lección de vida que formará parte das dúas bibliotecas de Sober, a municipal e a do colexio, para que todos os nenos e nenas poidan revisalo e recordar o vivido mentres durou o estado de alarma.

O libro, da editorial infanfil Gunis, xa está dispoñible na plataforma Amazon e poderase mercar en La Casa del Libro e El Corte Inglés e tamén se pode adquirir en 176 librarías convencionais.

También te podría gustar...