Continúa aberto o prazo do Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2015’ en Quiroga

quiroga_concello_150_90A Biblioteca Pública Municipal de Quiroga convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2015’ de acordo coas seguintes bases:

 

 

BASES:

1.-Poden participar todolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de “O NADAL”.

2.- Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos.

3.- Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión  será como máximo dun folio por unha soa cara. Con cada traballo,  acompañarase  unha folla co nome e demais datos do autor.

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro día 17 de decembro, debendo  ser entregados  polos seus autores na  BIBLIOTECA MUNICIPAL.

5.- O  xurado, formado por   entendidos  na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os autores  seleccionados recibirán cadanseu diploma e  libros.

6.- Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo  da Xunta de Galicia.

7.- O fallo do xurado local farase público antes de rematar a primeira quincena  de xaneiro de 2016.

8.- Os traballos premiados pasarán  a ser propiedade da Biblioteca Pública que se reserva o dereito de publicación  dos mesmos.

9.- Todas as incidencias non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado.

10.- A presentación das obras a este certame supón a aceptación das presentes bases.

 

 

 

También te podría gustar...