Continua ‘a loita’ por máis horas de pediatría en Viana
- Nova concentración para reclamar máis horas de servizo de pediatría
Hoxe martes 13 de Decembro levouse a cabo unha nova concentración diante do centro de saúde de Viana do Bolo para reclamar máis días de servizo de pediatría na localidade.
Os asistentes, medio centenar, teñen preparadas concentracións continuadas, o primeiro martes de cada mes, até acadar unha resposta directa do SERGAS, xa que despois de todas as accións levadas a cabo non recibiron resposta algunha.
Dende BICO DOCE animamos á poboación de Viana do Bolo a seguir participando nas concentracións, e se alguén inda non presentou a reclamación escrita, a presentala.
Bico Doce, Asociación de apoio á lactancia materna e á crianza respectuosa de Viana do Bolo.