Conflicto emigrantes retornados: Belén do Campo traslada o apoio da Xunta de Galicia aos emigrantes retornados para regularizar as súas pensións procedentes do estranxeiro

Conflicto emigrantes retornados. Belén do Campo traslada o apoio da Xunta de Galicia aos emigrantes retornados para regularizar as súas pensións procedentes do estranxeiro

 

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da asociación de emigrantes retornados da Costa da Morte, encabezados polo seu portavoz, José María Rocha, aos que lles trasladou todo o apoio do Goberno galego para regularizar as súas pensións procedentes do estranxeiro, así como para tramitar a solicitude de devolución das sancións e os intereses xa aboados ao Ministerio de Hacienda. Neste senso, Do Campo indicou que ao longo deste mes aprobarase un protocolo de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Agencia Estatal de Administración Tributaria para ofrecer aos afectados toda a información necesaria e facilitar con persoal propio do departamento autonómico o proceso.

O prazo extraordinario de regularización aberto polo Goberno central comezará en xaneiro de 2015 e terá unha duración de seis meses. Nese tempo, os contribuíntes afectados –moitos deles, pensionistas de idade avanzada- poderán presentar autoliquidacións complementarias dos períodos impositivos non prescritos nos que percibiron pensións do extranxeiro pendentes de declarar.

Deste xeito, os pensionistas retornados poderán poñerse ao corrente das súas obrigas tributarias e serán exonerados de calquera sanción, recargo ou xuros de demora no momento en que ingresen o 100% da cota tributaria correspondente. Tamén se condonarán as sancións, xuros de demora e recargos xa comunicados.

Esta medida responde ao acordo unánime do Parlamento e a unha proposta trasladada ao Ministerio de Hacienda -xa que se trata dunha competencia de ámbito estatal- polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e está incluída nunha disposición do proxecto de lei de reforma do IRPF aprobado en Consello de Ministros.

A representante do Executivo autonómico na provincia lembrou que desde un primeiro momento a Xunta de Galicia defendeu que estes pensionistas actuaron na súa inmensa maioría sen ánimo defradatorio, e polo tanto non cabía a imposición de sancións.

También te podría gustar...