Concursos arredor da XVIII Feira Medieval de Monforte
- Son o VII Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros, o VI Concurso de Decoración de Balcóns e o IX Concurso de Traxes Medievais, para os que o Concello destina máis de 2.000 euros en premios
- O prazo para realizar a solicitude de participación nestes concursos abriuse onte, 22 de marzo, e a data límite para anotarse será o 12 de abril no Rexistro xeral do Concello de Monforte
- Coa convocatoria destes concursos” salienta o Alcalde, José Tomé Roca, “e coa organización da Feira Medieval, na que xa estamos inmersos, seguimos levando adiante as actividades propias do calendario de eventos anual do noso Concello, cumprindo así co noso compromiso de volver a recuperar a normalidade fronte a covid-19, sempre que sexa posible segundo evolucionen as circunstancias determinadas pola pandemia”
- Tras convocar a principios do mes de febreiro o concurso de axudas para a confección de traxes medievais, o Equipo de Goberno convoca, como en pasadas edicións, estes tres concursos co obxectivo de animar ós monfortinos e visitantes a implicarse na Feira Medieval e ser protagonistas activos da mesma
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar que “todo aquel que se queira apuntan nalgún dos tres concursos que convocamos dende o Concello de Monforte arredor da XVIII Feira Medieval, poderá facelo ata o 12 de abril no Rexistro Xeral do Concello.” A Feira Medieval celebrarase o 16 e 17 de abril de 2022.
Tras convocar a principios do mes de febreiro o concurso de axudas para a confección de traxes medievais, o Equipo de Goberno convoca, como en pasadas edicións, estes tres concursos co obxectivo de animar ós monfortinos e visitantes a implicarse na Feira Medieval e ser protagonistas activos da mesma. Para estes tres concursos, o Concello destina máis de 2.000 euros en premios.
“Coa convocatoria destes concursos e coa organización da Feira Medieval, na que xa estamos inmersos, seguimos levando adiante as actividades propias do calendario de eventos anual do noso Concello, cumprindo así co noso compromiso de volver a recuperar a normalidade fronte a covid-19, sempre que sexa posible segundo evolucionen as circunstancias determinadas pola pandemia”, recordou o rexedor monfortino.
VI Concurso de Decoración de Balcóns
O obxectivo deste concurso é premiar os tres mellores balcóns que polo seu enxeño e ambientación medieval merezan a consideración do xurado, e así incentivar os monfortinos e os visitantes á participación e á ambientación nos actos organizados con motivo da Feira Medieval.
Neste concurso poderán participar neste concurso todos os balcóns sitos na cidade de Monforte. Tanto a temática como o deseño da decoración dos balcóns será acorde coa época medieval. Os balcóns participantes deberán de estar ambientados acorde coa época medieval como mínimo do 14 ó 17 de abril de 2022.
Este concurso determinará 3 gañadores: o primeiro clasificado recibirá 100 euros, o segundo 75 e o terceiro 50 €.
A decisión do xurado sobre os 3 gañadores do concurso de balcóns farase pública o sábado 16 de abril ás 19:30 h. na propia Feira Medieval. Para elo, os seus membros valorarán a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados na decoración dos balcóns.
VII Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros
O obxectivo deste concurso é premiar os tres mellores establecementos que polo seu enxeño e ambientación medieval merezan a consideración do xurado, e así incentivar os monfortinos e os visitantes á participación e á ambientación nos actos organizados con motivo da Feira Medieval.
Neste concurso poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais e hostaleiros sitos na cidade de Monforte. Tanto a temática como o deseño da decoración dos balcóns será acorde coa época medieval. Os establecementos comerciais participantes deberán de estar ambientados acorde coa época medieval como mínimo do 14 ó 17 de abril de 2022.
Este concurso determinará 3 gañadores: o primeiro clasificado recibirá 200 euros, o segundo 100 € e o terceiro 75 €.
A decisión do xurado sobre os 3 gañadores do concurso de balcóns farase pública o sábado 16 de abril ás 19:30 h na propia Feira Medieval. Para elixir aos gañadores, o xurado terá en conta a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade, os materiais utilizados e a adecuada conxunción dos artigos comerciais do escaparate coa decoración medieval.
IX Concurso de Traxes Medievais
O obxectivo deste concurso é premiar os mellores traxes medievais que luzan os participantes inscritos, e así incentivar tanto nos monfortinos e nas monfortinas, coma nos visitantes, a súa participación e á ambientación nos actos organizados con motivo da Feira Medieval.
Esta actividade realizarase dentro do programa de actos da XVIII Feira Medieval o día 16 de abril de 2022.
As modalidades e premios do Concurso de Traxes Medievais son as seguintes, entendendo por infantil ata os 12 anos:
Adultos:
- Individual: 1º premio: 75 €; 2º premio: 50 €
- Parellas (2 compoñentes): 1º premio: 175 €; 2º premio: 125 €
- Grupos (a partir de 5 compoñentes): 1º premio: 275 €; 2º premio: 175 €
Infantil – Individual:
- Individual: 1º premio: 50 €; 2º premio: 25 €
- Parellas (2 compoñentes): 1º premio: 100 €; 2º premio: 75 €
- Grupos (a partir de 5 compoñentes): 1º premio: 175 €; 2º premio: 125 €
Os participantes no concurso concentraranse na Praza de España (a carón do Cruceiro) onde estará situado o xurado, ás 17:00 horas do sábado 16 de abril e de alí sairán en desfile por diferentes rúas monfortinas.
A decisión do xurado sobre os 3 gañadores do concurso de balcóns farase pública o mesmo sábado 16 de abril ás 19:30 h na propia Feira Medieval.
Os gañadores serán determinados en función de que os seus traxes foran realizados artesanalmente, da súa elaboración, da riqueza en complementos, da posta en escena, do material utilizado e do seu rigor histórico. Tamén se valorará a permanencia do participante co traxe posto durante os actos organizados durante a Feira Medieval, contribuíndo á animación do mercado coa súa presenza.
Os aboamentos dos diferentes premios serán tramitados polo Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular e xustificación nos termos sinalados nestas bases.
Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.
Formulario e bases
- Formulario_Inscricion_Concursos_Feira_Medieval_Monforte_2022
- Bases_IX_Concurso_Traxes_Medievais_2022
- Bases_VI_Concurso_Decoracion_Balcons_2022
- Bases_VII_Concurso_Decoracion_Establecementos_Comerciais_e_Hostaleiros_2…