Concurso Desfile de Comparsas mañá domingo en Quiroga
O Concello de Quiroga ten organizado para o domingo 15, o Concurso Desfile de Comparsas. Dará comezo ás 17:00h coa saída das comparsas participantes da Rúa Piscinas para percorrer a Rúa Real ata rematar diante do Concello: Alí o Dúo Fondo Tropical amenizará o baile de entroido e tamén terá lugar a entrega de premios aos gañadores que acadarán :
* Un primeiro premio de 500,00 €
* Un segundo premio de 300,00 €
* Un terceiro premio de 150,00 €
* Cada comparsa participante recibirá 60€.
Ademais das comparsas, poden participar disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo serán tres membros por disfrace) e para estes establécese un único premio de 60,00€.
Este ano hai 7 comparsas inscritas para participar neste concurso e dous disfraces da modalidade individual. O total de integrantes de cada comparsa varía, así a partir de dez membros, mínimo fixado nas bases do concurso; hai agrupacións de ata cincuenta persoas. En total unhas trescentas persoas participarán neste desfile.
Os actos de entroido sucederánse o luns, día 16, coa Festa Infantil de Disfraces no Pub YoYa e o martes co baile de disfraces que terá lugar no Centro Social.