Concurso de decoración de vivendas, fachadas e balcóns no Incio

  • O Concello do Incio convoca un concurso de decoración de vivendas, fachadas e balcóns polo Nadal
  • Haberá tres premios de 150, 100 e 50 euros para os gañadores
  • O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 20 de decembro a través da sede electrónica do Concello do Incio https://concellooincio.sedelectronica.gal

 

O Concello do Incio convoca un concurso de decoración de vivendas, fachadas e balcóns polo Nadal, coa finalidade de promover e contribuír a crear un ambiente festivo no Concello nesta datas.

Tal e como establecen as bases, poderán participar no concurso todas aquelas persoas que teñan vivendas situadas no ámbito territorial do Concello do Incio, podendo inscribirse unha persoa maior de idade por vivenda.

O prazo para inscribirse estará aberto ata o día 20 de decembro a través da sede electrónica do Concello do Incio https://concellooincio.sedelectronica.gal ou ben presencialmente no rexistro, en horario de 9:00 h a 14:00 horas, cubrindo un anexo de inscrición, dispoñible no taboleiro de anuncios da sede electrónica e nas oficinas municipais.

As bases fixan ademais que a temática de decoración será relacionada exclusivamente co ambiente propio das Festas do Nadal.

A decoración deberá estar visible dende a vía pública, e completamente instalada durante o período do 21 de decembro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022.

A decoración deberá ser nunha vivenda situada no ámbito territorial do Concello do Incio (fachadas, xardíns, balcóns, xanelas) e non deberá causar ningún perigo nin prexuízo a persoas e bens, sendo responsable de calquera dano o propietario e eximindo ao Concello de calquera responsabilidade, podendo ser excluído por este motivo.

Os participantes inscritos poderán achegar fotografías da súa decoración, que o Concello exporá nas súas redes sociais, entre os días 21 de decembro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022.

A valoración das decoracións será realizada por un xurado que se designará ao efecto, e que realizará visitas as vivendas, sen previo aviso, entre os días 21 de decembro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022.

Haberá tres premios para os gañadores: Un 1º premio de 150,00  euros; un 2º premio de 100,00 euros; e un 3º premio de 50,00 euros.

Criterios de valoración

-Orixinalidade: 0 a 2 puntos.

-Complexidade: 0 a 2 puntos.

-Deseño: 0 a 2 puntos.

-Artesanía: 0 a 2 puntos.

-Iluminación (non/si): 0 a 1 puntos.

-Utilización de materiais reciclados (non/si): 0 a 1 puntos.

No caso de empate, o xurado establecerá o mecanismo que considere máis axeitado para desempatar. A resolución dos premios será exposta no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Incio.

O Concello do Incio comprobará durante o prazo de participación (21 de decembro de 2021 a 6 de xaneiro de 2022) que efectivamente a decoración permanece exposta, sendo motivo de exclusión o non cumprimento deste punto.

 

También te podría gustar...