Concerto solidario coas vítimas de Ucraína en Sober: máis de 3.332 euros de redacación
- Máis de 3.332 euros de redacación no concerto solidario coas vítimas de Ucraína deste sábado en Sober
A organización do Concerto solidario coas vítimas de Ucraína, en colaboración co Concello de Sober, queren dar as GRAZAS de todo corazón á xente que se achegou o pasado sábado á Praza do Toural e a toda aquela que fixo as súas achegas polas vías previamente habilitadas.
E grazas tamén a Os Parentes e DJ Nacho Morales e Elías Vieira.
A contía recadada foi de 3.332,42 euros que irán destinados de xeito íntegro ás persoas de Ucraína a través da conta que habilitou a Asociación AGA-Ucraína.
O concerto forma parte das actividades enmarcadas no Mes do Amandi.