Concerto Emilio Rúa & Xestreu no concello de Quiroga

O Concello de Quiroga, a través do Programa “Cultura no Camiño”, ten programado para o sábado, día 9, ás 20:00h, un concerto de música tradicional e de autor a cargo  do cantautor Emilio Rúa e o grupo de Pandereteiras Xestreu.

Emilio Rúa: Cantautor ourensán,  conta cunha longa traxectoria musical, trinta anos no mundo da música e  cinco discos no mercado conságrano  coma un referente na música  de autor galega.

maxresdefault

 

Xestreu: Grupo de pandereteiras, nace no ano 2001 coa intención de traballar no eido da recuperación  das vellas cantigas de raizame popular.

Na procura de raíces, leva a cabo un traballo de recollida de cantares e romances de tradición oral, ademais outras pezas recollidas por grupos de outras nacionalidades, co afán de abranguer co seu repertorio un amplo abano de ritmos do mundo, sempre dentro da música tradicional.

Este grupo de mulleres fan un percorrido, coas súas voces, polos ritmos tradicionais, mergullándose nos cantos dos pobos. Coa sinxeleza do auténtico van degrañando cos seus cantos melodías de tradición oral transmitidas ó longo de xeración 

xestreu

Concerto Emilio Rúa & Xestreu 

O espectáculo, consiste na unión a música de autor ou moderna de E.Rúa coa popular e máis tradicional de Xestreu, que se caracterizan por adaptar temas da música tradicional e doutros países do mundo, para divulgar a música galega e facela chegar a todo o público pero especialmente ás novas xeracións.

Fan un repaso e adaptación de temas como A Carolina, A rianxeira, Camariñas, Miudiño, A pousa, etc, dándolles unha nova volta e interpretadas dun xeito moi festivo e participativo, pero elegante.

O programa “ Cultura no Camiño”, enmarcado na continuidade de celebración do Ano Franciscano, está patrocinado polos Concellos onde se desenvolve (neste caso o de Quiroga), a Xunta de Galicia, coa coordinación de Turismo de Galicia e da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), e co  patrocinio privado  de Gadisa.

También te podría gustar...