Concerto do sopranista Rafael Quirant en Sober

O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER PROGRAMAN UN CONCERTO DO SOPRANISTA RAFAEL QUIRANT PARA MAÑÁ DOMINDO DÍA 13

  • O recital será na Casa da Cultura ás 19:00 horas con entrada libre

 

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade programan un concerto para este domingo día 13 de novembro a cargo do sopranista Rafael Quirant. O recital, aberto ao público, será ás 19:00 horas na Casa da Cultura.

Os mozos Rafael Quirant Porcar (sopranista) e Jezabel Esbrí Rodríguez (piano) convídannos a un agradable percorrido entre os máis destacados compositores do barroco e bel canto. O programa fai un percorrido con arias de Monteverdi, Händel e Vivaldi ata chegar a pezas de compositores belcantistas como Verdi e Rossini. E tal vez ao final mesmo haxa algunha que outra sorpresa…

Rafael Quirant Porcar (Valencia, 1996), bisneto da soada soprano Carmen Tur, conta cun extenso repertorio barroco, tamén con repertorio belcantista, canción española e de oratorio.

Foi alumno de Ricardo Castelló, e ao finalizar os seus estudos universitarios ingresou no conservatorio profesional de música “Francesc Penyarroja” de Vall d’Uixó. Actualmente é alumno do conservatorio «Joaquin Rodrigo» de Valencia, onde recibe clases por parte de Ofelia Sala. Recibiu consellos e masterclass de Aurelio Viribay, Carles Budó, Carlos Chausson, Robert Expert, Nancy Fabiola Herrera, Miquel Ortega, Xavier Sabata, Isabel Rey e Mariella Devia.

Foi gañador do 101 Concurso de Mocidades Musicais de España, no que xa resultara finalista na súa 95ª convocatoria, e finalista no concurso de ópera Ciudad de Albacete. É membro da compañía artística Marenartists, e traballou con artistas de primeiro nivel aos cales acompañou en varios escenarios a nivel comarcal e nacional, destacando a produción de Amadigi dei Gaula de Händel onde cantou no Auditorio Nacional e o auditorio de Cataluña, xunto a Vespres d’Arnadí baixo a batuta de Dani Espasa, con Xavier Sabata, Nuria Rial e Sabina Puértolas no elenco. É tamén membro do grupo barroco Il dolce incontro, que traballa incansablemente para facerse un oco entre os máis destacados grupos barrocos a nivel nacional.

Programa

Georg Friedrich Haendel: Serse, obertura (piano solo)

Claudio Monteverdi: Ecco l’atra palude, de Orfeo

Antonio Vivaldi: Vedro con mio diletto, de Il Giustino

Giacomelli-Vivaldi: Sposa son disprezzata, de Bajazet “Sposa son disprezzata” (6’)

Georg Friedrich Haendel: Serse (selección): Per rendermi beato / Crude furie

Vicenzo Bellini: Ah non credea mirarti, de La Sonnambula (piano solo)

Gioachino Rossini: Canzonetta spagnuola

Vicenzo Bellini: Arie di camera (selección): Malinconia / Il férvido Desiderio / Vaga luna che in argenti

Gioachino Rossini: Giovanna d’Arco (cantata a voce sola e pianoforte).

 

También te podría gustar...