Concerto do ‘Rhea Quartet’ de saxos en Sober
- O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober programan un concerto do Rhea Quartet de Saxos para o sábado día 12
- A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada gratuíta
O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para o sábado día 12 un concerto do ‘Rhea Quartet’, formado polos intérpretes Pablo Fernández Baladrón, saxofón soprano; Iris Guzmán Godia, saxofón alto; Luís Garvía Cabañas, saxofón tenor e Jaime Serrano Fernández, saxofón barítono.
A actuación será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural con entrada gratuíta.
O cuarteto interpretará o programa ‘Terra’ que reivindica a importancia de coidar aquilo que nos dá a vida e que nos permite respirar a través de dúas viaxes por algúns dos lugares máis recónditos do noso planeta.
Esta proposta musical promove o intercambio cultural e a responsabilidade do ser humano por coidar a nosa contorna en lugar de seguir tratando de someter á natureza aos nosos desexos e necesidades materiais.
Por unha banda, preséntase a viaxe do compositor Guillermo Lago e, por outra, a viaxe do personaxe Klim na obra do dramaturgo Ludvig Holberg. Como interludio entre ambas as suites, preséntase a música Klemzer, sobre a que Alexis Ciesla compón a súa obra para cuarteto de saxofóns “Rhapsodish”.
A madurez das súas propostas, a espontaneidade, a innovación e o rigor son os aspectos máis valorados polo público e a prensa especializada. Formado por personalidades musicais diferentes, configuran unha identidade cunha linguaxe propia onde convidan ao oínte a unirse como quinto elemento no discurso musical.
Apostan por contribuír á divulgación da cultura desde a música de cámara, en toda a súa variedade e estilos, e traballan man a man con compositores de música de nova creación.
Foron galardoados a nivel nacional e internacional, destacando os seus premios en Bydgoszcz Chamber Music Competition, Concurso Permanente de Mocidades Musicais de España, Certame ‘Pedro Bote’, Concurso ‘Antón García Abril’ ou Certame ‘Jacobo Soto Carmona’.
A súa sólida formación aválaos, contando cos consellos de Cuarteto Quiroga, Cuarteto Casals, Kuss Quartet, Heime Müller, Márta Gulyás, Rita Wagner, Kennedy Moretti, Pedro Pablo Cámara, Noelia Rodiles, André Cebrián e Ona Cardona, entre outros. Compaxinan o seu labor concertístico cun activo compromiso pedagóxico, sendo docentes en renomeados centros de educación musical. Desde 2019 son embaixadores das marcas Selmer París e Vandoren Fran- ce.
Programa:
- Edvard Grieg: Suite aus Holdbergs Suite, op. 40
- Alexis Ciesla: Rhapsodish
- Guillermo Lago: Ciudades
- Juan Delgado: A Haunting Foreboding (Estreo absoluto)*
* Obra encargo de JM España a Juan Delgado, compositor residente da Red de Músicas 21-22.