Concentración hoxe do Colectivo de Emigrantes Retornados no Barco
Convocados pola Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, arredor dunhas oitenta persoas se concentraron diante de Facenda no Barco para pedir, unha vez máis que se faga xustiza cunhas persoas que abandonaron a terra para traballar fóra, e á volta están sufrindo a discriminación dos gobernantes.
Á concentración deste xoves asistiron unhas corenta persoas da Plataforma de Emigrantes Retornados de Ourense, encabezados pola súa portavoz, Carmen Bolaño, querendo así mostrar a súa solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Valdeorras.